Continuando cos actos reivindicativos e informativos en torno ao dereito ao aborto, os días 10, 11 e 12 organizamos no Cine Teatro de Ribadeo, xunto coa Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo e coa colaboración de Radiofoz, o video-forum “O aborto, cuestión de liberdade, no que proxectamos diversas películas que trataban o tema do aborto co obxectivo de achegarnos a experiencias e tratamentos doutras sociedades e doutras épocas en relación a esta cuestión, para así fornecer máis puntos de vista e poder conformar unha opinión informada e crítica sobre o mesmo.

 

  

 

 Las normas de la casa de la sidra, de Lase Hallström (EE.UU); El secreto de Vera Drake, de Mike Leigh (Reino Unido); ou 4 meses, 3 semanas y 2 días, de Cristian Mungiu (Rumanía), permitíronnos abrir debate en relacións ás modificacións legais claramente regresivas que o goberno español pretende impoñer na cuestión do dereito ao aborto, así como informarnos sobre as leis doutros países e apreciar como, as leis máis restrictivas supoñen un maior perigo para a saúde das mulleres ou que unha lei que recoñeza o dereito ao aborto non está relacionada coa práctica dun maior número de abortos

 

 

Síguenos nas redes:

Share This